Nos últimos dous ou tres anos sorprendinme a min mesma varias veces pensando en canta sorte tiven en ir aquel venres do 2007 a clase de Carmela, onde nos dixo que había unhas axudas do CSIC para iniciar a estudiantes na carreira de investigación. Chamei correndo a dous amigos e presentámonos no IIAG a coñecer a unha tal Petra Kidd (que tiña por certo un acento moi raro). Dende aquel día, dunha forma ou outra, foime imposible separarme de Petra. E agora vou botala moitísimo de menos.
Petra foi un pilar importantísimo na miña vida. Coñecela e traballar con ela permitiume ter unha segunda familia no CSIC de Santiago.
Dende que me fun de Santiago case todos os días acudía a ela en Skype para consultarlle algunha dubida do inglés, algunha opinión científica e tamén para comentar moitos cotilleos. Nunca foi solo a miña “xefa”, a súa xenerosidade, amabilidade e alegría solo podían convertela nunha amiga.
Estou moi orgullosa de que fose a miña directora de tese e sempre que teño a ocasión digo que traballei con ela. O seu nivel e calidade científicos son recoñecidos en todo o mundo. Estou moi orgullosa de ter aprendido tanto dela e agradecida por todas as experiencias que ela me deu a oportunidade de vivir. Aínda a dia de hoxe moitas veces me sorprendo a min mesma sendo capaz de facer algo que a priori pensaba non saber facer e despois doume conta que o aprendín con ela.
Non creo que sexa capaz de reflexar aquí o meu agradecemento a todo o que me deu, non solo no ámbito laboral, que e moitísimo, pero tamén no persoal. Sentinme sempre coidada e acompañada por ela e sei que ata a miña familia lle agradece tanto apoio e cariño que me deu durante todos estes anos.
Espero poder seguir traballando duro para que ela tamén este orgullosa.